Presentaicón do I Campus de Semana Santa de Natación Artística no Concello de Cervo do 28 de marzo ao 1 de abril na Piscina Municipal de Lieiro (Cervo). Contará coa dirección técnica de Sandra Montes, ademais da participación de adestradores de alto nivel e duas invitadas especiais; a olímpica Paula Ramírez e a internacional Filipa Faria
A iniciativa está organizada pola Federación Galega de Natación, en colaboración coa administración local, dirixida a nenos e nenas nados entre 2011 e 2015 federados nesta disciplina.
Na presentación do evento participaron Dolores García Caramés, alcaldesa de Cervo; David Rodríguez, concelleiro de Deportes, Juan Carlos Brión, Presidente da FEGAN e persoal municipal da instalación.























