Eleccións FEGAN 2026

Información dos procesos electorais da Federación Galega de Natación para a renovación dos seus órganos de goberno


Puntos de consulta do censo

O censo permanecerá exposto durante un prazo de dez días naturais nos seguintes puntos:

Nesta mesma páxina web, dentro da sección denominada «ELECCIÓNS 2026».
No taboleiro de anuncios da sede da Federación Galega de Natación.


Obxectivo desta publicación

A exposición pública do censo inicial ten como finalidade que todas as persoas e entidades interesadas poidan verificar a corrección dos seus datos. Durante este período, poderanse presentar as reclamacións que se consideren oportunas para emendar posibles erros ou omisións antes da aprobación do censo definitivo.


Información importante para as Entidades Deportivas

No caso dos clubs e entidades deportivas, o censo debe incluír o nome, enderezo, número de inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, correo electrónico e a identificación do seu representante legal.

* Representación por defecto: No censo inicial figura como representante a persoa que ostenta a presidencia da entidade segundo os datos obrantes na Federación Galega de Natación.

* Cambio de representante: Se a entidade desexa que o dereito ao voto sexa exercido por unha persoa distinta (que obrigatoriamente debe ser membro da súa xunta directiva), pode solicitalo dentro deste prazo de dez días.

* Acreditación: Para realizar este cambio, deberá presentarse un certificado expedido polo Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia ou, no seu defecto, un certificado asinado pola persoa que exerza a secretaría da propia entidade.


Prazos e procedemento de reclamación

O prazo para presentar calquera reclamación ou solicitude de modificación de datos é de dez días naturais contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio.


Todas as comunicacións (reclamacións ao censo ou cambios na representación das entidades) deberán enviarse por escrito á Secretaría Xeral da Federación a través do seguinte enderezo de correo electrónico: secretaria@fegan.org


Unha vez finalizado o prazo, a Xunta Directiva procederá á resolución das reclamacións e á emenda do censo no prazo de cinco días naturais.

NORMATIVA DO PROCEDEMENTO

eleccion

Procesos electorais 2026 (toda a normativa, web da Xunta de Galicia)

Convocatoria de asemblea extraordinaria

Proxecto de regulamento electoral

Proxecto de calendario electoral


Regulamento electoral (resolución)

Regulamento electoral (oficio aprobación)

Regulamento electoral (aprobado)

Convocatoria de eleccións FEGAN


Circular voto por correo

CENSOS INICIAIS (v.2026-02-25)

Censo Inicial Clubes

Censo inicial de persoas deportistas

Censo inicial de persoas adestradoras

Censo inicial de persoas árbitras

CENSOS PROVISIONAIS (v.2026-07-10)

Censo provisional clubes

Censo provisional de persoas deportistas

Censo provisional de persoas adestradoras

Censo provisional de persoas árbitras

CENSOS DEFINITIVOS (v.2026-08-10)

Censo definitivo clubes

Censo definitivo de persoas deportistas

Censo definitivo de persoas adestradoras

Censo definitivo de persoas árbitras


Censo provisional de persoas que están máis dunha vez


Modelos

Modelo de elección de estamento e/ou especialidade para censo definitivo

Presentación candidatura á asemblea.

Presentación candidatura á comisión delegada para persoas físicas.

Presentación candidatura á comisión delegada para persoas xurídicas.

Presentación candidatura á presidencia.

Toma de posesión.

Toma de posesión da presidencia.

IMPORTANTE! A data para enviar a comunicación e o 21/07/2026 (figura no calendario electoral) e debe enviarse por correo á Xunta Electoral: xunta.electoral@fegan.org


Modelo para cambiar o domicilio para o censo definitivo


RESOLUCIÓNS DA XUNTA ELECTORAL

Resolución 0126 constitución Xunta Electoral

Resolución 0226 alegacions censo provisional

Resolución 0426 elevacion censo definitivo

Resolución 0526 distribucion membros asemblea

Cadro distribucion membros asemblea

Resolución 0626 distribucion membros asemblea

Resolución 0526 distribucion membros asembleaa