Os días 21 e 22 de febreiro a piscina de Lieiro (Cervo) acollerá a celebración do Campionato Galego Infantil de Natación.
As sesións darán comezo as 10:00 e as 17:00 horas os dous días.
Os encargados da organización serán a Federación Galega de Natación e o Club Natación Xove, co apoio do Concello de Cervo, do Concello de Xove e da Xunta de Galicia, nun marco de cooperación interadministrativa que pon de manifesto o compromiso compartido co fomento do deporte base e coa promoción de iniciativas deportivas de ámbito autonómico na comarca da Mariña.
A presentación oficial do campionato tivo lugar nas instalacións municipais de Lieiro (Cervo), coa participación de Dolores García Caramés, alcaldesa de Cervo; David Rodríguez, concelleiro de Deportes; Juan Carlos Brión, presidente da Federación Galega de Natación; Demetrio Salgueiro, alcalde de Xove e Alberto Pigueiras presidente do Club Natación Xove.






















