Hoxe, fíxose a firma de convenio de colaboración entre a Clínica Raposeiras, dirixida polo Cardiólogo Sergio Raposeiras-Roubín e David Mariño coa Federación Galega de Natación.
O acordo ten por obxecto establecer un marco de colaboración para promover a Saúde Cardiovascular entre deportistas federados, técnicos e árbitros da Fegan, facilitando o acceso a recoñecementos médicos especializados e probas diagnósticas en condicións preferentes.
Para a nosa comunidade deportiva, contar co apoio dunha entidade de referencia na cardioloxía non é só unha vantaxe loxística, senón unha garantía de seguridade e saúde para @s nos@s deportistas.
Expresar o noso agradecemento a Clínica de cardioloxía As Raposeiras pola súa disposición e compromiso coa nosa Federación ao establecerse este convenio de colaboración.



















