Os días 7 e 8 de febreiro a Piscina Rosario Dueñas acollerá o Campionato Galego Júnior e Copa Senior de Natación de Inverno Xunta de Galicia. Está organizado pola Fegan e o CN Pabellón Ourense coa colaboración do Concello de Ourense, Xunta de Galicia e Deputación de Ourense Contará coa participación de 267 nadadores de 25 clubs galegos.
As sesións darán comezo o sábado as 10:30 e 17:00 horas e o domingo, as 10:00 e 16:30 horas.
A presentación do campionato acudiron Enrique Álvarez, asesor de Deportes da Deputación de Ourense; Santiago Escudero, presidente de CN Pabellón Ourense e vocal da FEGAN.; Aníbal Pereira, concelleiro de Deportes do Concello de Ourense e Manuel Pérez, xefe do Servizo Provincial de Deportes de Ourense.




















