III Memorial Pedro Luis Fernández Pombo

20251211_nat_presentacion

Hoxe presentouse no Concello de Carballo o III Memorial Pedro Luis Fernández Pombo que terá lugar esta fin de semana na piscina Municipal Carballo Calero.

Por terceiro ano consecutivo a Agrupación Deportiva Fogar, xunto co Concello de Carballo, quere renderlle esta homenaxe a Pedro Luis, coa colaboración da FEGAN e o Comité Galego de Árbitros.

Na presentación estiveron Juan Carlos Brión, Presidente da FEGAN; Gustavo Álvarez, Presidente de AD Fogar; Daniel Pérez, Alcalde de Carballo e Daniel Barreiro, Concelleiro de Deportes.

O sábado dará comezo ás 10:00 e ás 17:00 cos infantís, júniors e absolutos e o domingo ás 10:30 coa categoría máster.

20251211_nat_cartelpedroluis

Toda a información