Este fin de semana comezan as primeiras xornadas do Programa de Detección de Talentos Seguimento Galego de Tecnifación de wáter-polo.
O sábado 22 de novembro terá lugar a concentración Infantil Masculina na piscina J.Gómez Noya de Ferrol, dará comezo as 17:00 horas. Como seleccionador, Andrés Pérez (CW As Mariñas).
O domingo 23 de novembro será o turno das infantis femininas na piscina Rías do Sur de Pontevedra, as 10:30 horas. Como seleccionadora, Isabel Pérez (CW As Mariñas).




















