A natación galega volve estar de noraboa. Catro deportistas formados en Galicia, todos eles con paso polo Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD), veñen de conseguir as marcas mínimas para participar no Campionato de Europa en piscina curta de Lublin (Polonia) 2025.
Os nadadores son:
Paula Otero de CN Arteixo (formación en CN Culleredo/ CN Liceo / CN Arteixo) - 1500 libre - 16.05.39
Carla Carrón de CN Sant Andreu (formación no CN Arzúa) - 400 libre - 4.05.27
Miguel Martínez de CN Canoe (formación en CN Vigo Rías Baixas / RCN de Vigo) - 200 bolboreta -1.53.06
Mario Méndez de CN Santa Olaya (formación en CN Vigo Rías Baixas) - 800libre - 7.43.97
Todos estes deportistas iniciaron a súa traxectoria competitiva en clubs galegos - CN Culleredo, CN Liceo, CN Arteixo, RCN de Vigo, CN Vigo Rías Baixas e CN Arzua— para posteriormente continuar o seu desenvolvemento no CGTD, onde consolidaron o seu nivel técnico e competitivo.
A partir de aí, deron o salto a estruturas de alto rendemento nacionais:
• Paula Otero e Mario Méndez adestran actualmente no CAR RFEN de Málaga.
• Miguel Martínez continúa a súa progresión na Blume de Madrid.
• Carla Carrón forma parte do equipo catalán CN Sant Andreu.
A FEGAN quere destacar o excelente traballo dos clubs de base e do CGTD, que continúa sendo un piar fundamental no desenvolvemento de talentos que acadan resultados a nivel internacional que supón un novo éxito para a formación galega.
Parabéns a todos os nadadores e aos seus equipos técnicos por este novo éxito que reafirma o bo momento da natación galega.




















