Hoxe tivo lugar en LoveCars, empresa colabadora con CN Ponteareas, a presentación do XXV Trofeo Amizade que se nadará o sábado 1 de novembro, na piscina do Complexo Deportivo Álvaro Pino de Ponteareas.
A presentación estivo moderada por Alberto Aliaga, directivo de CN Ponteareas e participaron Pablo Carrera, CEO LoveCars; Juan Carlos Brión, Presidente da FEGAN; José Manuel Freire, Coordinador Deporte Escolar da Xunta de Galicia; Nava Castro, Alcaldesa de Ponteareas; Juan Carlos Carrera, Tenente Alcalde de Ponteareas; Andrés Carrera, Presidente de CN Ponteareas; Darío Pérez, nadador de CN Ponteareas e Carolo Martínez, responsable de Marketing de LoveCars.



















