XXI Circuíto Galego Arzúa-Ulloa DOP de Augas Abertas

20250916_nat_castrelo.jpg

Presentación en Castrelo de Miño (Ourense) da Etapa Final do Circuíto Galego DOP Arzúa-Ulloa de Augas Abertas, que se disputará o próximo sábado día 20 nas instalacións do Parque Naútico de Castrelo.

Na presentación estiveron Juan Carlos Brión, Presidente da FEGAN; Manuel Pérez, Xefe do Servicio Provincial de Deportes de Ourense; Enrique Álvarez, Asesor de Deportes da Deputación de Ourense e Benito Silva; xerente do Club Naútico de Castrelo.

A proba será a 10ª etapa da tempada coa que se cerra o Circuíto 2025. Está organizada pola FEGAN coa colaboración do patrocinador DOP Arzúa-Ulloa, Auga de Sousas, Club Náutico de Castrelo, Concello de Castrelo, Diputación de Ourense e Servicio Provincial de Deportes.

Contará coa participación de 110 nadadores. Dará comezo as 16:00 horas coa salida élite (2500 m), as 16:15 horas, os máster (2500), as 17:45 horas a saída popular (1250 m) e as 18:30 horas, contrarreloxo Máster equipos mixtos.

20250916_nat_cartel

Toda a información