Hoxe presentouse en Boiro, a etapa 7 do XXI Circuito Galego Arzúa-Ulloa DPO de Augas abertas, a Travesía a Nado Illa da Bensa que se disputará este sábado día 16 de agosto, na praia de Carragueiros.
Contará coa participación de máis de 150 nadadores. Dará comezo as 10:30 horas. O percorrido da proba longa será de 3.500 metros para as categorías Élite, Máster e Populares e 1000 metros para os Infantis, Alevíns e Populares e 200 metros para a categoría menores.
Na presentación estiveron Margarita Hermo, Directora de relacións institucionais de Jealsa; Marcos Fajardo, Concelleiro de Deportes de Boiro e Brais Nieto, Director Técnico de CN Boiro.
Toda a información