Presentación no Concello de Pontevedra da 4ª Etapa do Circuito Galego Arzúa-Ulloa DPO de Augas abertas.
No acto estiveron Juan Carlos Brión, Presidente da FEGAN; Eva Villaverde, Teniente Alcalde do Concello de Pontevedra; Alberto Castro, Presidente de CN Galaico e Adofo Penedo, Vicepresidente de CN Galaico.
A Travesía será o sábado 26 na ría de Pontevedra, xunto á desembocadura do río Lérez, entre a praia fluvial de Monte Porreiro e a Illa das Esculturas. As distancias serán segundo as categorías. Será puntuable só para os Federados no Circuito Galego e na Copa de España. Tamén haberá percorrido na categoría Inclusiva.
Está organizada por CN Galaico e Concello de Pontevedra coa colaboración de Federación Galega de Natación e Denominación de Orixe Protexida Azúa-Ulloa.