Campionato Galego Alevín e Infantil Mixto de Wáter-polo de Verán Xunta de Galicia

20250625_wat_presentacion.jpg

Os días 28 e 29 disputaranse os Campionatos Galegos de Wáter-polo Alevín e Infantil mixtos de Verán na piscina municipal de Cervo.

No acto de presentación estiveron Dolores García Caramés, Alcaldesa de Cervo; David Rodríguez, edil de Deportes e Juan Carlos Brión, presidente da FEGAN.

20250625_wat_infantilAlevin.jpg

Os campionatos están organizados pola Federación Galega de Natación e o CW As Mariñas.

O día 28 será o Alevín onde participarán 8 equipos, dará comezo as 10:30 horas cos cuartos de final e pola tarde as 16:00 horas as finais.

Programa

O día 29 os Infantís, darán comezo as 10:30 horas. Participarán 7 equipos de dous grupos, o A con 3 equipos e o B con 4. Pola tarde as 17:30 horas darán comezo as finais.

Programa