Os dous clubs galegos campión e subcampión da Liga Galega Alevín, desprázanse do 12 ao 15 de xuño a Elche para disputar o Campionato de España de Escolas Alevín con corenta equipos participantes en categoría mixta.
CW Santiago, no grupo D, debutará o xoves 12 ante o Real Canoe madrileño e ante o Tenerife Echeyde, para acabar a fase de grupos ante CN A.Movedre valenciano e #ante O Waterpolo Sevilla o venres 13 de xuño.
O C Marina Ferrol encadrado no grupo B, dará comezo a súa participación o xoves día 12 ante o CD Turia valenciano e ante o CE Mediterrani catalán, para acabar a fase de grupos o venres 13 ante o CD Concepción Lineal madrileño e o CN Poble Nou catalán.
A partir do sábado 14 disputaranse as finais polas posicións para decidir o posto de cada equipo. Desde aquí as maior sortes para os nosos representantes.
Todos os resultados