Presentación do Campionato Galego Open de Verán de Natación Artística Xunta de Galicia

Presentación nas instalacións de Rías do Sur do Campionato Galego Open de Verán de Natación Artística Xunta de Galicia.

20250611_art_presentacion.jpg

Estiveron presentes Serafín Piñeiro, presidente do Complexo Deportivo Rías do Sur; Juan Carlos Brión, presidente da FEGAN; Daniel Benavides, Xefe do Servizo Provincial de Deportes Provincial e Alejandra Parada, presidenta de CNA Galaico Pontevedra.

20250611_art_cartel.jpg

O campionato dará comezo o venres 13 en sesión de tarde e rematará o domingo 15. Estará organizado pola Federación Galega de Natación e o CNA Galaico Pontevedra. Contará coa participación de 250 deportistas de clubs galegos e dous clubs de Portugal, entre eles, 8 participantes masculinos.

Toda a información