Hoxe, presentouse o Campionato Galego Open de Augas Abertas que se dipustará o domingo 1 de xuño no embalse de Portodemouros (Arzúa).
No acto de presentación estiveron Mª Isolina Curros, presidenta de CN Arzúa, Xoán Xesús Carril, Alcalde de Arzúa e Juan Carlos Brión, presidente da Federación Galega de Natación.
Con esta etapa dará comezo o XXI Circuito Galego Arzúa-Ulloa DOP de Augas Abertas que constará de 10 etapas máis.
Contará coa participación de 190 participantes das distintas categorías (Alevín, Infantil, Júnior, Júnior 2, Senior e Máster). Dará comezo as 10:00 horas coa categoría Máster. As 11:30 horas os infantis, Júnior e Senior e as 13:00 os Alevíns.