Hoxe presentouse o XXI Circuíto Galego de Augas Abertas que organiza a Federación Galega de Natación e por cuarto ano consecutivo o Consello Regulador da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa aposta por patrocinalo e darlle nome.
O Acto tivo lugar na Casa de Correos, en Arzúa.
Contou coa presencia de Juan Carlos Brión, Presidente da Federación Galega de Natación; José Luis Lamas, Presidente do CRDOP Arzúa-Ulloa; Xoán Xesús Carril, Alcalde de Arzúa; Andrés Carrera, Vogal de Augas Abertas da FEGAN e Gaspar Andrade, ex nadador de CN Arzúa .
O circuíto constará de 10 etapas. Dará comezo o día 1 de xuño co Campionato Galego de Augas Abertas en Portodemouros (Arzúa) e rematará o 20 de setembro coa etapa final.