Clinic RFEN-FEGAN de Wáter-polo

20250506_wat_clinic.jpg

Os días 17 e 18 de maio a Federación Galega de Natación organiza en colaboración coa Real Federación Española de Natación, o Clinic de Tecnificación de Wáter-polo,"Elementos básicos de técnica individual, progresión e contidos de adestramento".

Estará dirixido por Alex Ouses, técnico do Plan Nacional de Tecnificación Deportiva e adestrador dos equipos cadete e xuvenil da Selección Española.

Terá lugar nas instalación de Rías do Sur (Pontevedra). O horario será o seguinte: sábado 17 de 12:30 h a 14:30 h e de 17:30 h a 20:00 h, e o domingo 18, de 10:00 h a 13:00 h.

O clínic, que é gratuíto, está dirixido aos/as técnicos/as de clubs galegos así como a xogadores/as con interese en iniciar a súa formación técnica.

As persoas interesadas debererán confirmar a súa asistencia a través do correo electrónico, antes do mércores 14 de maio.