Hoxe presentouse no Concello de Ponteareas, o Campionato Galego de Natación Máster Xunta de Galicia de Inverno que se disputará o 11 e 12 de Xaneiro na Piscina Alvaro Pino de Pontearas.
Dúas xornadas con sesións continuas que darán comezo as 10:00 horas. Participarán 462nadadores de 32 clubs galegos.
Na presentación estiveron: Juan Carlos Brión, Presidente da FEGAN; Nava Castro, Alcaldesa de Ponteareas e Deputada de Turismo de Deputación de Pontevedra; Andrés Carrera, Presidente do CN Ponteareas; Luisa Sánchez, Deputada Provincial de Deportes e Luis Rodríguez, Concelleiro de Deportes de Ponteareas.