FEGAN - Aviso Legal.
Presentación no Concello de Salvaterra de Miño da séptima e última etapa do Circuito Galego Arzúa-Ulloa de Augas Abertas coa presenza de Juan Carlos Brion, presidente da FEGAN, Andrés Carrera, presidente do Club Natación Ponteareas e vogal de Augas Abertas da FEGAN; Edgar Filipon, Concelleiro de Deportes de Salvaterra de Miño e Marta Valcarcel, Alcaldesa da localidade.
É a primeira vez que o circuíto celebra unha das súas etapas no río Miño, no concello de Salvaterra de Miño, coa particularidade de que será unha travesía descendendo un río. Dous percorridos, un de 2500 m e outro de 1250 m, que terán a súa meta xunto ao parque da Canuda, á altura da icónica estatua da lamprea, Terá unha participación de cerca de 100 nadadores e nadadoras. Dará comezo as 11:30 horas.