Esta mañá, tivo lugar no Concello de Castrelo de Miño (Ourense) a presentación oficial da Etapa Final da Copa de España de Augas Abertas. Será mañá dia 21, no encoro de Castrelo de Miño, organizada pola RFEN Aquatics, o CN Pabellón Ourense e a Federación Galega de Natación, co apoio das institucións locais, Xunta De Galicia, Deporte Galego e Deputación de Ourense.
Na presentación estiveron Santiago Escudero, Presidente do CN Pabellón Ourense; Beatriz Alberte, Presidenta do CN de Castrelo de Miño; Juan Carlos Brión, Presidente da FEGAN; Enrique Álvarez, Asesor de Deportes da Deputación de Ourense; Avelino Pazos, Alcalde de Castrelo; Fernando Carpena, Presidente da RFEN e Manuel Pérez, Xefe do Servicio Provincial de Deportes de Ourense.