Campionato Galego Xunta de Galicia Alevín de Natación de Verán

A Piscina Municipal Olímpica de Lieiro, Cervo, acollerá os dias 22 e 23 de xuño o Campionato Galego Xunta de Galicia Alevín de Natación de Verán.

20240617_nat_presentacion

Na presentación estiveron Dolores García Caramés, Alcaldesa de Cervo; Alberto Pigueiras, Presidente do Club Natación Xove; Ramón Mosquera, Secretario da Federación Galega de Natación; Dolores Meitín, tenente alcalde e Tamara Soto, Concelleira de Servizos Sociais e Muller do Concello de Xove.

20240617_nat_cervo

No Campionato organizado por CN Xove e a Federación Galega de Natación, e a colaboración dos Concello de Cervo e Xove e da Xunta de Galicia, participarán 250 nadadores, pertencentes a 27 clubs galegos.

A competición terá lugar o sábado e o domingo, en sesión de mañá e tarde.

Toda a información.