O Club Natación Sincro Ourense e a Federación Galega de Natación organizan o fin de semana, en colaboración co Consello Municipal de Deportes, o Concello de Ourense e a Deputación de Ourense o Campionato Galego de Verán Open Xunta de Galicia de Natación Artística das categorías Alevín, Infnatil, Júnior e Absoluta. Será na piscina Rosario Dueñas e terá lugar en 4 sesións de mañá e tarde. Pola mañá a partir das 9:25 horas e pola tarde das 16:55 horas.
A presentación tivo lugar no Pavillón de Os Remedios. Acudiron Ana Santiago, Vocal de Natación Artística de la FEGAN; Manuel Pérez, Secretaría Xeral para O Deporte de Ourense; Beatriz Montes, Directora Técnica do club; José María Lago, Deputación de Ourense; Laura Rodríguez, presidenta de C Sincro Ourense; Anibal Pereira, Teniente Alcalde do Concello de Ourense e Alba Lojo, Vicepresidenta do Club Sincro Ourense.