FEGAN - Aviso Legal.
Selección Sur gañador do 3º Torneo Norte - Sur que se disputou hoxe no Complexo Deportivo A Fieiteira, na piscina María Vilas de Ribeira.
A entrega do trofeo fixeronna Tania Redondo, Concelleira delegada de Medio Rural e Servizos Municipais e Fernando Abraldes, Concelleiro delegado do Mar de Ribeira acompañados por Juan Carlos Brión, Presidente da FEGAN.
Os resultados foron:Selección Sur - 516 puntos.
Selección Norte - 445 puntos.
O equipo de remudas formado por Eva Feijóo, Carla Carrón, Raúl Civeira e Hugo Rodríguez bateo o Récord Galego de 4x100 libre con tempo de 3:39.05.