Primeira xornada do plan de detección de talentos da área de wáter-polo da FEGAN das categorías Infantil Masculina e Feminina.
Será un adestramento na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra. O sábado 9 de decembro será o turno da categoría masculina de 11:00 a 14:00 horas e a categoría feminina en horario de 16:00 a 19:00 horas.
Os adestramentos estarán dirixidos por Enrique Ordoñez, director Técnico da Área de Wáter-polo da FEGAN.