Finaliza o Campionato de España de Waterpolo Infantil por Comunidades en Madrid.
Galicia volve estar da metade cara arriba en cada unha das categorías, unha 8ª posición en masculina e 6ª en feminina deixa á nosa comunidade nunha boa posición.
Pola mañá comezaron os mozos fronte a Canarias, onde despois dun comezo igualado e varios erros provocados polo cansazo acumulado, fixeron chegar ao último cuarto empatados, rematando 9-12.
O equipo feminino xogou contra Valencia, onde foron superiores en todo momento e o resultado final reflicte a superioridade (11-2), quedando nunha meritoria 6ª posición.
Dar o parabén a todos/as os/as xogadores/as pola actitude e seguir nesta liña para mellorar para futuras citas.