Na xornada de hoxe, as dúas seleccións galegas disputaban os oitavos de final, onde o cruzamento en ambos os casos con Madrid foron con resultado negativo.
Comezaba o equipo feminino, fronte a unha selección moi seria, rematando 10-1. Xa pola tarde, as mozas xogábanse as prazas 5-8, fronte a Canarias, e despois dun partido moi igualado, o partido foi favorable para as galegas, cunha vitoria por 4-5, chegando dese xeito unha disputa pola 5 praza mañá fronte a Valencia ás 12:30 h.
O equipo masculino disputou fronte a Madrid o primeiro partido cun resultado negativo por 15-5.
Pola tarde, fronte a Valencia, a pesar dun primeiro cuarto moi igualado, tiveron unhas partes sen dar o mellor nivel, chegando a un resultado final de 12-2, levando isto a disputar a 7-8 praza, neste caso xogarán fronte a Canarias ás 11:00 h.