Campionato de España Infantil Masculino e Feminino por Federación Territoriais

Comezou o Campionato de España Infantil Masculino e Feminino por Federación Territoriais na piscina M86 de Madrid.

20230402_wat_chicas

A primeira xornada abriuna a selección feminina, nun emocionante partido fronte a Murcia, onde se levaron a vitoria por gol no último segundo (8-7).

A segunda xornada foi fronte a Baleares, onde despois dun partido moi igualado, a vitoria foi para o equipo Balear (5-7). Desta forma, o equipo galego clasificouse para os oitavos de final, tendo mañá un compromiso fronte a Madrid ás 9:00.

20230402_wat_chicos

Por parte dos mozos, comezaron a súa xornada fronte a Cantabria, pechando o marcador en 13-3.

Pola tarde, xogábanse os oitavos de final fronte a Navarra, onde despois dun mal comezo, 7-2 a metade de partido, os galegos fixeron unha gran segunda metade de partido, dando a volta ao marcador, ata chegar a unha resultado final de 10-9, o que lles deu a praza para oitavos de final, xogando mañá contra Madrid ás 13:00.

Todos os horarios e cruces de partidos.