FEGAN - Aviso Legal.

Espectaculares resultados os obtidos polas nadadoras bolseiras do CGTD na proba de Figuras Infantil colocándose no segundo o terceiro postos nun ránking de 298 nadadoras.
Daniela Suárez de C. Galaico Sincro, medalla de prata cunha puntuación de 80.2303 e Helena López de RCN Vigo, bronce cunha puntuación de 79.3333. Destacar tamén o posto 16 de Nayeli Faro de C. Galaico Sincro, o 52 de Alejandra Baliñas de C. Sincro Ourense, e o 83 de Paula Carballeda de RCN Vigo.
A categoría Alevín finalizou o campionato con moi bos resultados para Galicia.
Por clubs o resultado final foi:4º - C.Galaico Sincro 240.3918 ptos
17º - C.Sincro Ourense 180.5903 ptos
34º - RCN Vigo 60.6289 ptos
36º - Casino de la Coruña 56.4489 ptos
Destacar na proba de Combinado libre C. Sincro Ourense 11º posto con 119.4458 e C. Galaico Sincro 20º posto con 94.9104.