Clinic técnica de bolboreta

20230127_nat_clinic

A Federación Galega de Natación organizou en colaboración coa Real Federación Española de Natación unha xornada de Tecnificación de Natación (clínic RFEN - técnica de bolboreta), na piscina Pedro Escudero do Pabillón dos Remedios en Ourense.

O técnico José I. Aláez "Taja" (Adestrador do Real Canoe NC, Membro do Equipo Nacional e adestrador olímpico en 2012 e 2016) dirixiu a xornada coa colaboración do nadador internacional do Real Canoe, Juan Segura, que se meteu na auga e fixo as demostracións prácticas da técnica de mariposa.

A xornada consistiu nunha sesión téoríca e práctica pola mañá e noutra práctica pola tarde. Acudieron 25 nadadores convocados polo director técnico da Fegan (Daniel Toro) e 31 adestradores de toda Galicia.