Campionato de España Longa Distancia

20230127_nat_sofia

Remata o Campionato de España de Longa Distancia con bos resultados para os participantes galegos.

Inés Mourenza de CN Portamiñá de Lugo, medalla de prata en categoría Junior I e 6º posto na categoría absoluta cun tempo de 59.41.43 nos 5000 m. Libre.

Destacar tamén a boa participación de Alba Gómez de CN Arteixo, cun 4º posto en categoría Senior e 12º Absoluto cun tempo de 1.01.32. Sofia Carballo de CN Ponteareas, 10ª Junior 1 e 18ª Absoluta con 1.02.41, Alba Ortiz de Guinea de CN Ponteareas, 7ª Senior e 21ª Absoluta e Eva Pardo de CN Ferrol, 7ª junior 2 e 31ª absoluta.

En categoría masculina Mario Méndez de CN Rías Baixas, 5º posto Senior e 7º Absoluto cun tempo de 56.13.19; Mateo Castro de CN Arteixo, 10º Junior 2 e 23º Absoluto cun tempo de 58.22.29 e Mario Maneiros de CN Ferrol 17º Júnior 1 e 39º Abosluto con 1.02.14.

Más información