O 28 e 29 de decembro celebrarase na piscina do CGTD, o I Torneo Fernando "Malecho" dentro da festa deportiva HQR que organiza o Diario de Pontevedra desde hai 20 anos.
https://www.diariodepontevedra.es/seccion/hqr
Neste trofeo enfrontaranse os equipo feminino e masculino do Club Waterpolo Pontevedra contra as mozas do Claret Askarza Waterpolo, a selección Portuguesa sub 23 e o CW Pabellón Ourense, mentres que os mozos farano contra o club Naval Povoense, o Paredes Polo Acuatico e o CW Pabellón Ourense.
Fernando Rodríguez "Malecho", "herdeiro" ideolóxico de "Pepe Malecho", foi un dos restauradores do wáter-polo en Pontevedra a finais dos 90.
Na presentación do torneo que se fixo no CGTD o xoves 22, estivo Juan Rodríguez, fillo de Fernando, árbitro de wáter-polo na FEGAN dende hai anos e un puntal dentro dos árbitros galegos a nivel estatal. Tamén acudieron Kike García, director técnico de CW Pontevedra; José Telleria. Presidente de CW Pontevedra; Jesús López, Director de CGTD; Carlos Touriño, Presidente de la FEGAN