Récord de participación no Clinic Técnica de Braza que se celebrou hoxe sábado no CGTD de Pontevedra.
Acudiron 32 técnicos e técnicas e 28 nadadores e nadadoras de toda Galicia que tiveron o pracer de aprender e formarse con Jordi Jou (director técnico de C. N. Sant Andreu e adestrador do equipo olímpico nos JJOO de Río e Tokio) e Jessica Vall (nadadora olímpica, medallista mundial e europea do CN Sant Andreu).
A xornada consistiu nunha sesión téoríca e técnica pola mañá e noutra práctica pola tarde, onde Jessica meteuse na auga para poñer en práctica a teoría facendo varias demostracións e axudando aos nadadores.