Daniela Suárez preseleccionada para o Campionato de Europa

20220627_nat_valdes

Daniela Suárez foi preseleccionada para a concentración previa ao Campionato de Europa Infantil de Natación Artística.

A concentración será do 30 de xuño ao 25 de Xullo en Cheste (Valencia). Están seleccionadas 13 mozas e 1 mozo, de todos eles só viaxarán ao campionato de Europa en Francia 11 delas mais o mozo.

Daniela xunto con outra rapaza están preseleccionadas para facer o dúo mixto e as coreografías conxuntas. Só unha delas nadará con Eneko Sánchez o dúo mixto.

A concentración tamén acudirá Sandra Montes, adestradora do CGTD como parte do equipo técnico da Federación Española.

Resaltar novamente a evolución da sincro galega con 7 das suas nadadoras dentro do ránking das 30 primeiras de España.

Convocatoria