Campionato Galego Master de Verán

20220612_mast_ponteareas

20220612_mast_mayores

Hoxe disputouse na piscina do Complexo Deportivo Álvaro Pino de Ponteareas, a segunda e última xornada do Campionato Galego Máster de Verán na que se bateron 39 Récords Galegos Máster.

Na categoría feminina, o vencedor foi o C. N. Ponteareas, seguido do C. N. Escualos e terceiro o C. N. Vigo Rías Baixas.

Na categoría masculina, o C. N. Ponteareas proclamouse campión seguido do C. N. Escualos e terceiro o C. N. Portamiñá.

Na clasificación total, o vencedor foi o C. N. Ponteareas, seguido do C. N. Escualos e terceiro o C. N. Vigo Rías Baixas.

Ademais entregáronse os trofeos aos participantes de máis idade que foron Celia Iglesias Blanco do C. N. Mos e Francisco Araújo Domínguez do C. N. Ponteareas.

web dos resultados