Campionato España Open e Máster Open de Augas Abertas

20220521_nat_maria

Segunda Xornada do Campionato de España de Augas Abertas en Banyoles e primeira xornada do Open Máster de Aguas Abertas.

María de Valdés de CN Liceo, volvia a ser a 1ª Española e 6ª absoluta cun tempo de 56.49. esta vez na proba de 5.000 metros. Destacar tamén a Carla Faro de CN Ponteareas, Ana Veiga de CN Arteixo e Ana Picher de CN Galaico que conseguiron os postos 19,20 e 21 nesta proba. En categoría masculina, Mario Méndez de CN Rías Baixas quedaba no posto 21 cun tempo de 57.30.0 e Lucas Costa de CN Ponteareas no posto 24 e Cristian Fernández de CN Galaico no posto 28.

En 7500 metros categoría Junior señalar a Mateo García de CN Arteixo no posto 15 cun tempo de 1.30.30.4. En categoría feminina, Alicia Bouzas de CN Galaico facía 1.32.39 conseguindo así o 10º posto e Iria Lemos de CN Ponteareas o posto 15 cun tempo de 1.37.36.

En categoría Máster os máis destacos foron en +20, En +25, Manuel Simón de Hércules Termaria 2º cun tempo de 37.52.3. e Marcos del Río de CN Liceo, 2º cun tempo de 36.49.6 e Fernando Cobelo de Hercules Termaria, 7º cun tempo de 40.42.5.

En categoría +55, Antonio Rivas do Hércules Termaria quedaba 4º cun tempo de 44.19.8.

En categoría máster feminina +45, destacar o 2º posto de Sonia Braña do Hércules Termaría con 44.28.4.

Web de resultados.