Campionato España Open de Natación Fondo Máster

20220424_nat_master_folch

20220424_nat_master_mariadelmar

Tres ouros, tres pratas e tres Récords de España no Campionato de España Open de Fondo de Natación Máster en Mataró para os nadadores galegos.

Os ouros foron para Ramón Folch, de C. N. Arteixo en categoría +85 nas probas de 3000 metros libres cun tempo de 1.22:17.04 sendo tamén récord de España. En 1500 libres cun tempo 37:32.53 e nos 800 libres con 18:03.99, récord de España así como no pase de 400 libre con 8:59.98.

As pratas foron en categoría feminina para María del Mar Terceiro de Club del Mar, categoría +55, nos probas de 3000 metros libres cun tempo de 48:51.84, de 1500 libres con 24:01.31 e de 800 libres con 12:38.36.

Na proba de 3000 libres na categoría +30, Paula Araujo de Club del Mar cun tempo de 53:53.00 conseguía o sexto posto e José Manuel Lorenzo de Rías Baixas +50, o posto 12 cun tempo de 55:16.39

En 800 libres categoría +30, Paula Araujo facíase co 8º posto cun tempo de 13:11.03. En categoría masculina +50, José Manuel Lorenzo obtiña o posto 13 con 13:56.79 e Antonio Rivas do Hércules Termaria +55, o 7º posto cun tempo de 11:19.97 e no 1500 libres o 6º posto cun tempo de 21:36.38

Resultados.