CW.Pontevedra e WP Santiago ás portas da liga Nacional

20220414_wat_ascenso

Dous equipos galegos na fase de ascenso Liga Nacional.

Na fase de ascenso a Segunda División Masculina atópase CW Santiago que se enfrontará a EM El Olivar en dous partidos, un de ida o 7 de Maio en Santiago e outro de volta o 14 de maio en Zaragoza.

No caso da fase de ascenso a Primeira División Feminina atópase CW Pontevedra que se xogará a praza fronte a WP Murcia tamén con dous partidos, o de ida o 7 de maio en Pontevedra e o de volta o 14 de maio en Murcia.