XXII Cto. de España "OPEN" Absoluto - ASTRALPOOL y XXXVIII CTO. de España Junior P50

20220411_nat_medallas

Seguimos con boas noticias nesta terceira xornada do Campionato de España Open Absoluto e Junior con catro medallas para Galicia.

En 1500 libres, Paula Otero de C. N. Arteixo volvía conseguir medalla por partida dobre, prata en Categoría Absoluto Mozo e bronce en Categoría Absoluta cun tempo de 16:31.86.

Mario Méndez do C. N. Rías Baixas, 2º en categoría Absoluto Mozo e 11º en Absoluta en 800 libres, cun tempo de 8:18.74.

En 200 costas, Ana Cernadas do C Fluvial de Lugo quedaba 3ª en categoría Absoluto Mozo e 5ª en Absoluta cun tempo de 2:17.01. Facendo mellor marca galega de 18 anos e marca persoal nas eliminatorias e volvendo a batila na final.

Outros finalistas foron:

En 100 bolboreta, Julia Rodríguez de RCN Vigo cun tempo de 1:04.47 quedaba 6ª en categoría Junior e 22ª en Absoluta e Iria Lemos de C. N. Ponteareas cun tempo de 1:04.65 quedaba 7ª en categoría Junior e 23ª en Absoluta.

En 1500 libres, María de Valdés de C.N. Liceo con 16:32.16 quedaba 4ª en categoría Absoluta e Sofia Carballo de C. N. Ponteareas 11ª en categoría Junior e 24ª en Absoluta cun tempo de 17:58.95.

En 800 libre,s Mateo García de C. N. Arteixo cun tempo de 8:32.88 conseguía o posto 8º en categoría Junior e o 24º en Absoluta.

En 200 costas, Alicia Bouzas de C. N. Galaico, 7º posto en categoría Junior e o 22º en Absoluta cun tempo de 2:23.16 e Rosalía Marín de C. N. Coruña cun tempo de 2:19.94 quedaba 13ª en categoría Absoluta.

Web de resultados.