Excelente actuación de Carla Carrón no Meeting de Edimburgo

20220314_sel_edimburgo_carlacarron

A nadadora Carla Carrón Muiña do C. N. Arzúa e bolseira do CGTD participou co Equipo Nacional Absoluto de natación no Meeting Internacional de Edimburgo a pasada fin de semana realizando unha moi boa competición preparatoria para o Cto. de España Absoluto que se celebrará en Málaga do 10 ao 13 de abril.

Carla participou nas probas de 100, 200 e 400 libres, meténdose en final absoluta en 400 libres e en final júnior en 200 libres e 100 libres.

Resaltar que a pesar de ser a máis nova do grupo cumpriu cos obxectivos manténdose nas súas marcas.

Destacar a actuación do galego Miguel Martínez Novoa que agora milita no Real Canoe que conseguiu un terceiro posto na final de 200 bolboreta.