Un bronce e unha mellor marca galega na terceira xornada XLI Cto. de España de Natación Infantil de inverno.
A medalla de bronce foi para Inés Mourenza Rocha de C. N. Portamiña Lugo cun tempo de 17:39.81 en 1500 libre. Tamén conseguiu un 5º posto en 200 bolboreta con 2:26.44.
A mellor marca galega de 15 anos en 100 costas fíxoa Sergi Navarro Losada de C. N. Ferrol, quedando en 11º posto con un tempo de 1:00.90.
Outros nadadores en finais foron:.
Nicolas Antón Ramón Pérez de C. N. Ferrol, posto 11º con 55,09 en 100 libre.
Xoel Teijeiro Prado de C. Fluvial de Lugo, 5º en 200 bolboreta con 2:11.99.
Yoel Faro Martínez de C. N. Ponteareas, 11º posto en 200 braza con 2:30.13.
Sofia Mourenza Rocha de C. N. Portamiña Lugo, 7º posto en 200 braza con 2:47.38.
Lucía Villarnovo Pazos de C. N. Ferrol, 15º posto en 1500 libres con 18:32.77.
Mario Maneiros Paz de C. N. Ferrol, 5º posto en 800 libre con 8:46.42 Nicolás Antón Ramos Pérez de C. N. Ferrol, 6º posto en 800 libre con 8:48.78.





















