Xornada 2 do Cto. Galego de Natación Artística de inverno

20220227_art_cto_nivel_mellor_club

O C. Sincro Ourense, Mellor Club do Campionato Galego de Natación Artística de inverno.

Rematou o Campionato Galego de Natación Artística de Rutinas e Figuras de inverno que se disputou na piscina Rosario Dueñas de Ourense no que o Club organizador, o C. Sincro Ourense, acadou o Trofeo ao Mellor Club seguido en segunda posición do RCN Vigo e terceiro o C. Galaico Sincro.

Nas rutinas disputadas na xornada de hoxe os vencedores foron:

Duo libre júnior: Paz Coira e Blanca Fidalgo do RCN Vigo, con Carmen Borrajo e Candela Fidalgo, tamén do RCN Vigo en segunda posición e Blanca Moyano e Elia Rodríguez do C. Sincro Ourense, terceiras.

Duo técnico sénior: Laura Gómez e Carla Rodríguez do RCN Vigo foron primeiras.

Hightlight sénior: primeiro C. Sincro Ourense, seguidas de RCN Vigo e C Aguamarina Sincro, terceiras.

Equipo libre júnior: primeiras o C. Sincro Ourense seguidas de RCN Vigo.

Duo libre sénior: primeiras Laura Gómez e Carla Rodríguez do RCN Vigo.

Equipo técnico júnior: primeiras o C. Sincro Ourense seguidas de RCN Vigo.

web de resultados