A Xunta aproba a modificación do protocolo con certificado de vacinación

A Xunta de Galicia aproba a actualización do protocolo da FEGAN co certificado de vacinación como medida alternativa á realización de test nas modalidades con contacto.

A Secretaría Xeral para o Deporte certifica a actualización do protocolo FISICOVID DXT GALEGO da Federación Galega de Natación pola que os maiores de 12 anos con certificados Covid de vacinación coa pauta completa, poderán adestrar e competir sen test en wáter-polo e natación artística nas categorías de ámbito autonómico.