Falece Adrián García Pereira

20211001_wat_adrian_garcia

Onte xoves coñecemos a lutuosa noticia do falecemento de Adrián García Pereira en Romanía onde se atopaba de ERASMUS.

Adrián era wáter-polista e empezou a xogar en Asociación Coruñesa de Waterpolo no 2010 ata o 2016 cando decidiu xogar no C. N. Coruña, cos que puido gozar de xogar o campionato de España Cadete.

Un gran porteiro, un gran amante dos deportes, e un grandísimo compañeiro e amigo dos seus amigos. Aínda que xa non xogaba ao waterpolo, nunca deixou de ser un wáter-polista.

Desde a FEGAN queremos expresar o noso máis sentido pésame á familia e amigos de Adrián.