Paula Otero e Ana Cernadas no Cto. de Europa Júnior

20210702_nat_eurojunior

As nadadoras bolseiras do CGTD, Paula Otero Fernández do C. N. Arteixo e Ana Cernadas González do C. Fluvial de Lugo convocadas co Equipo Nacional Júnior para participar no Campionato de Europa que se disputa en Roma do 6 ao 11 de xullo, xa están no CAR Blume de Madrid nunha concentración previa ate o día 4 de xullo.

Paula vai participar en 200, 400, 800 e 1500 libre, e Ana en 100 costas e 200 libre, ademais das probas de remudas.

Para este Campionato tamén está convocada Luisa Domínguez, adestradora do CGTD, como integrante do cadro técnico.