Seguimento ao Wáter-polo Galego a nivel nacional

Esta fin de semana tivemos a sorte de poder ver a dous compañeiros galegos enfrontados na máxima categoría nacional, o C. N. Sant Andreu de Óscar Montes enfrontando ao C. N. Sabadell de Alejandro Andión, con vitoria para o Sabadell por 7-18, e a destacar o gol de Óscar. A próxima xornada o Sant Andreu enfrontarase ao C. W. Navarra e o Sabadell ao Barceloneta.

En categoría feminina, o C. D. Waterpolo 98 02 gañou por 15-6 ao Brains, con 2 goles da pontevedresa Marina Casado, e a próxima semana enfrontarase ao Alcorcon.