Nadadores galegos concentrados co Equipo Nacional

Catro nadadores galegos van a participar nunha concentración de tecnificación co Equipo Nacional que se vai celebrar do 26 de xullo ao 1 de agosto en Buitrago de Lozoya (Madrid).

Sofía Carballo González do C. N. Ponteareas e a as nadadoras bolseiras do CGTD Alicia Bouzas Pedreira do C. N. Galaico e Carla Carrón Muiña do C. N. Arzúa, estarán co Equipo Nacional de Natación Infantil.

Pablo Cabana del Amo do C. N. Ponteareas e bolseiro do CGTD, estará como integrante do Equipo nacional Júnior-1 de Augas Abertas.

Para esta concentración tamén está convocado Andrés Carrera, adestrador do C. N. Ponteareas como integrante do cadro técnico.