Píldoras adestramento mental en directo para o período de confinamento

20200319_xer_adestr_mental

A Sociedade Iberoamericana de Psicoloxía do Deporte (SIPD) que preside o psicólogo deportivo galego Joaquín Dosil, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte, lanza unha iniciativa para aportar o seu grao de area á preparación e motivación dos/as deportistas, técnicos/as, etc. neste periodo de confinamento.

A iniciativa comezará MAÑÁ VENRES 20 DE MARZO ás 18:00 HORAS, cunha píldora de 10’ de adestramento mental en directo. A proposta levarase a cabo cada día á mesma hora e co mesmo formato cun/cunha referente da psicoloxía do deporte.

Esta información, facilitada pola Secretaría Xeral para o Deporte, e para que os deportistas, adestradores e outros membros dos staff técnicos poidan participar. Deben entrar neste enlace e completar o seguinte formulario o antes posible:

Enlace

#YoEntrenoEnCasa