Presentación do Cto. Galego de Longa Distancia

imaxeimaxe

No día de onte prsentouse na casa do Concello de Carballo o XVI Campionato Galego de Longa Distancia en piscina que se disputa este sábado na piscina Carballo Calero, e contou coa presenza do alcalde, D. Evencio Ferrero, o concelleiro de Deportes Marcos Trigo, o presidente do AD Fogar Gustavo Álvarez, e o secretario da FEGAN, Ramón Mosquera.

Este Campionato que á súa vez e a fase territorial do Campionato de España, conta coa participación de perto de 90 nadadores pertencentes a 16 clubs. Na sesión de mañán, a partir das 11:00 h, disputase a proba de 2000 m libre infantil e na sesión de tarde, a partir das 17:00 h, a proba de 3000 m libre para as categorías júnior 1, júnior 2 e sénior.