María Vilas co Equipo Nacional de Augas Abertas en Brasil

imaxeimaxe

A nadadora María Vilas Vidal do C. N. Galaico e bolseira do CGTD, está convocada para participar co Equipo Nacional Absoluto de Augas Abertas no Rio Negro Challenge que se disputa o día 8 de decembro en Manaos (Brasil) sobre unha distancia de 8,5 km.

Previamente, do 27 de novembro ao 4 de decembro, participará nunha concentración no Parque Acuático María Lenk de Río de Janeiro, xunto con destacados deportistas internacionais de augas abertas de Brasil, Peru, Ecuador, Francia e Portugal.

A esta actividade tamén está convocada Luisa Domínguez, adestradora do CGTD, como integrante do cadro técnico.